Venres 4 ás 20:00′ no CS do Sar: Jornada de Informaçom sobre a Privatizaçom do Mar polo coletivo Negra Sombra

Dou pulo a esta convocatória:
12799383_552279301601947_2226194599245590960_n Amanhã venres 4 de Março, as 20:00h, Projecçom do documentário “Contra Corriente” e Jornada de informaçom sobre a privatizaçom do mar, a cargo do coletivo Negra Sombra, em defensa do território. Haverá tamém umha mesa aberta, pero nom poderá assistir o biólogo Héctor Kol.

Colo acá o manifesto (em galego “junteiro”) tirado por este coletivo (que desde já figura entre a minha listagem de ligaçons) para a convocatória da manifa do sábado passado em Compos, em defensa do Mar:

“En loita polo mar e pola terra, cada vez máis privatizadas e aniquiladas en prol de intereses económicos, queremos unirnos á xente que así o sinte, que defende á natureza que nos dá de comer, que nos dá de vivir, loitar con esa xente que a respeta e que intenta vivir en equilibrio con ela. Pretenden introducir a lei de acuicultura, unha maneira adornada de chamar a todo o que encubre este proxecto, pero falemos claro: queren privatizar o mar e enriquecer ainda máis aos de sempre coa piscicultura intensiva industrial, incluso en zonas protexidas, favorecendo ás grandes empresas e destruindo o medio. Porque o conto éche o mesmo de sempre e xa en moitos lugares do mundo sufriuse algo parecido, por exemplo en Chile coas salmoneiras. Monocultivo, altas concentracións de peixes en cautividade e introdución de especies foráneas invasoras é o primeiro paso, e con isto virán os excesos de residuos, parásitos, alimentos e materia orgánica (eutrofización), alimentos que son a base de fariña feita con peixes salvaxes (para producir unha tonelada deste peixe fan falla entre 6-10 toneladas de peixe salvaxe) e toda esta merda sería limpada por algas, mexilóns, berberechos…. Xa chegaron as plagas e as enfermedidades, e entón chega o segundo paso para combatilo: medicamentos, antibióticos, hormonas, herbicidas, organismos xenéticamente modificados, etc., etc., mentres se enriquece unha grande irmandade de multinacionais beneficiarias e o envelenamento exténdese polo mar á fauna salvaxe do mar e por ende á terrestre, incluidos nós… Non pode ser que deixemos que xoguen e especulen co mar, coas vidas, non o imos permitir!!! Acaban de anunciar a retirada do anteproxecto desa lei, pero non é máis que unha maneira de desviar a nosa atención e de gañar votos nas vindeiras elecións. Hai intereses económicos moi potentes e van continuar co seu obxectivo. Chamaranlle doutra maneira quizais… A nós dachenos o mesmo… Imos seguir en pé de loita e estaremos ben alerta!!! Co mar non se xoga!!! Con nós non se xoga!!! Por iso animamos a todas e todos a acudir a esta xornada de loita convocada para o 27 en Compostela. Verémonos alí, a partir das 11:30h na Alameda. Non é necesario pertencer a ningunha plataforma, a ningún sector, e moito menos estar abandeiradas por certos grupos políticos que non nos representan e máis en épocas nos que á clase política véselle máis que nunca o plumeiro… O único necesario é defender a terra, o mar e a nós mesmos… Xa está ben de que nos tomen por parvas!!!”

Anúncios

Deixe um comentário

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s