Palestra “Problemática da aquicultura na Galiza” esta quinta-feira, joves 31 às 20.30h no CS O Pichel

230202_1691868281083566_889604196728922333_nAs minhas compas da Associaçom Negra Sombra que luita polo mar e pola terra e que nasceu para unir-se à gente que sente a neccesidade de reivindicá-la, que defende a natureza que nos da de comer, que da de viver, em equilíbrio e junto com um membro de Adega exporám as suas visons sobre a problemática da aquicultura na Galiza, e sobre o que pode significar a temporal derogaçom da conhecida “Lei de Aquicultura” para estarmos informadas sobre as consequencias ambientais que esta teria.

Inés, trabalhadora do mar, membro de Negra Sombra falará-nos contra os interesses económicos que só favorecem a grandes empresas com escassos postos de trabalho, sendo a consequência do sistema capitalista neoliberal e da sua corruçom política.

Ao remate, haverá um debate no que cada umha e um de nós pode resolver as dúvidas ao respeito, entender e posicionarmo-nos na problemática de base.

Anúncios

3 ideias sobre “Palestra “Problemática da aquicultura na Galiza” esta quinta-feira, joves 31 às 20.30h no CS O Pichel

  1. toxo

    Hola! Con toda a miña humildade, respecto e adimiración persoal por ti e teu blog. Penso que a postura de plataformas como Adega, de reivindicar a explotazón publica do mar, os seus recursos e habitantes non se traduz en “loitar polo mar”, a non ser que se formule esta afirmación desde unha visión antropocentrista da realidade.Tamén é indudable e hai que recoñecer que esta lei de aquicultura supón outra volta de porca para o control exclusivo e sometemento dos recursos naturais por parte dos grandes poderes. De tódolos xeitos non esquezamos que antes desta lei, a lóxica industrial asolou as nosas costas e xa se afundían petroleiros , se construían plataformas e se formaban illas de plástico e se asasinaba en masa aos seus habitantes naturais, amén das trangalladas ilegais con explosivos en pesca de baixura e outros métodos de explotación. Non quero dicir que o cuestionamento desta lei non sexa positivo, ao contrario, pode supor unha oportunidade para que as antiautoritarias formulen críticas e alternativas antidesenvolvistas e animalistas que poidan superar as formulacións reformistas que caracterizan esta loita desde a súa primeira campaña. Porsuposto non pretendo abrir un debate por estas canles, nin correxir nada. Pola miña parte trátase soamente de realizar unha pequena reflexión desde a miña sensibilidade, e agardo que te resulte unha achega agradable a pesar das distintas visións libertarias que podamos de ter sobre esta cuestión.

    Saúdos e saúde

    Curtir

    Resposta
    1. ogajeironagavea Autor do post

      Olá! Em primeiro lugar Muito Obrigado polo teu comentário. E depois, sem pretender, como bem dis, fazer um debate disto neste blogue, acho que erras ao sinalar que eu considere que Adega “luite polo mar”, já que essa referência ia sobre o coletivo “Negra Sombra” (que é assim como se auto-definem como podes comprovar na sua web que está ligada na coluna direita desta bitácora); de feito compartilho o que dis ao respeito de Adega e o mesmo ao respeito das técnicas de pesca destruitivas anteriores á esta lei.

      O que me motivou a dar pulo a e-lo é considerar que, ao igual que estou totalmente em contra das jaulas de animais terrestres ou aéreos (tanto sejam para comer como para pretendido desfrute auditivo ou como mascotas) e defendo (pese a comer cadáveres) a liberdade para e-les; o mesmo me sucede com os animais dos rios e mares e a pretensom de dita lei vai na construçom de mais cárceres (pq have-las hainas já agora) para estes animais com vistas só ao comercio e negócio alimenticio tanto para pessoas como para mascotas e serám (ao igual que os polos de granja) inchados de medicamentos nócivos e eu serei omnívoro pero trato de coidar-me e pola mesma tamém estou contra dos cultivos transgênicos; além de que sinta aos animais como seres vivos com plenos direito a sua vida natural sem barreiras de nenhum tipo que limite seus movimentos.

      Saudos e saude

      Curtir

      Resposta
  2. toxo

    Tes bastante razón compañeiro, mais, para que nos entendamos mellor, extendo a miña crítica tamén ao colectivo Negra Sombra, non estou dacordo coa súa autedefinición. Eles loitan polo mar para os humanos. Tamén estou dacordo con que dita lei vai a destinada a construír máis gaiolas, pero non nos esquezamos de que esta campaña soamente cuestiona dita lei e nada máis, que os organismos e colectivos que levan a cabo soamente buscan unha “democratización” da explotación do mar, que todas as persoas que se movilizan ollan aos animais marinos como recursos e viven de asasinalos e explotar o seu medio. Penso que os dous adxectivos que máis caracterizan esta campaña son reformismo e especismo. E tamén penso que de participar dela, eu como anarquista, penso que a laboura máis importante sería trancender eses postulados,. Ou senón, directamente boicotalos.

    Creo que o motivo principal desta movilización e non ceder no control da producción marina e da introducción de especies foráneas. O que se cuestiona nesta campaña é se hai que explotar o mar dunha nova maneira máis agresiva, e máis axeitada aos procesos globais industriais, ou seguir a expotálo como ata o de agora…

    Apertas!!

    Curtir

    Resposta

Deixe um comentário

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s