Sábado 4 ás 19:30′ – Móve-te pola Ría de Ponte-Vedra: ENCE fora da Ria para Sempre!!

Marcha.04.06.2016-BR Venho de saber desta convocatória na web da APDR (Associaçom Pola Defessa da Ria), organizadora junto á FEG (Federaçom Ecologista Galega), das marchas que sairám ao mesmo tempo desde as Alamedas de Marim e de Ponte-Vedra para juntar ambas diante das instalaçons da pasteira de Louriçam e berrar-lhes bem forte: ENCE fora da Ria para Sempre!!. Nom compartilho partes do texto que tirarom como “solicitude de apoio” para reclamar a saida imediata do complejo ENCE-ELNOSA da ria, mas pese a isso colo acá (no seu galego) tal petiçom:

A Ría de Pontevedra atravesa unha situación preocupante polo grado de contaminación das augas, que non cumpren os obxectivos de calidade establecidos na lexislación para augas de cultivos mariños e para augas de baño poñendo en perigo a actividade dos sectores que teñen nestas actividades o seu medio de vida. E son moitas as fontes responsábeis desta contaminación, de forma particular a falta dunha depuración axeitada das augas residuais de orixe doméstica e a presenza do complexo ENCE-ELNOSA, o que se traduce –en ámbolos casos- na existencia dunha forte carga de materia orgánica e bacterias coliformes fecais.

Faise necesario eliminar todos os vertidos directos á Ría e aos ríos que a conforman, separar definitivamente as augas fecais das pluviais, impedindo a chegada destas últimas ás estacións EDAR, estender a rede de depuradoras a todas as aglomeracións urbanas da Ría, adaptándoas ás necesidades reais de depuración e asegurando a calidade esixida para as augas de baño e cultivos mariños.

A recente concesión por parte do goberno en funcións do PP dunha prórroga de 60 anos á empresa ENCE, supón un duro golpe ás posibilidades de saneamento da Ría e a hipoteca do futuro da comarca, que verá imposibilitada a recuperación dos recursos naturais, das praias urbanas de Pontevedra, da saúde e calidade de vida das persoas e a creación de emprego, que ten que vir da man da explotación racional dos recursos naturais (pesca, marisqueo e monte) e turísticos. Pero non debemos esquecer tampouco o impacto que tería a permanencia de ENCE en Lourizán sobre o monte galego da man da eucaliptización, un proceso contrario á biodiversidade e a un mundo rural vivo.

É fundamental revogar esta prórroga como o é conseguir que o saneamento integral da Ría chegue a bo porto, un obxectivo que pasa por intensificar a mobilización social. Neste contexto, chamamos á poboación da comarca e ao conxunto da cidadanía galega a mobilizarse pola Ría camiñando o 4 de xuño desde Marín e Pontevedra ata a fábrica de ENCE e na festa-polbada que terá lugar ao remate na Praza de Os Praceres.

SANEAMENTO INTEGRAL DA RÍA!
NON Á EUCALIPTIZACIÓN!

PLATAFORMA ENCEFÓRA.GAL – FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA

Anúncios

Deixe um comentário

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s