Pois iso é ser muller x Carla Abella

chega-de-fiu-fiu Recolho e publico co seu permiso este texto de Carla da sua página numha rede social. Acho que é um texto que, como aponta Carla, há que explicar polo miúdo para os homes e quanto mais se lhe de pulo, melhor:

Hoxe pasei medo. Agora non teño medo, pero estou enfadada aínda.

Pola mañá cedo fun dar un paseo pola beira do río, nun sendeiro pequeno. Cruceime con dous rapaces. Un era do meu tempo e o outro algo mais novo. Viñan en sentido contrario. Cando estábamos a 10 metros paráronse e quedaron mirando pra min sen disimular. Eles non necesitan disimular. Dalles igual que te fagan sentir incómoda. Eles poden.

Eu teño unha maneira de camiñar moi miña, como se o chan fose meu. Proxecto moita mais seguridade da que sinto. Pasei entre os dous sen desviarme e mirándoos detrás das miñas gafas de sol. Seguín camiñando, pero xa estaba nerviosa. Xa me daban polo cú os paxariños e o sol e o río. Porque nun momento mirei cara atrás e os tipos non seguiran camiñando. Estaban quietos onde nos cruzáramos e mirando cara min. E cando os mirei, comezaron a andar cara min.

E aquí comeza un proceso que TODAS sabemos, pero que vou explicar polo miúdo pra os homes da sala.

4986_captura_de_tela_2016_09_02_axxs_-jpgChaves. Na man. Saca a mais grande entre os dedos e pecha o puño. Que o vexan, que saiban que vas dar guerra, que a vas liar, que non vai ser fácil nin rápido, que igual non lles compensa.

Móbil. Na outra man. Listo pra finxir que falas con alguén, que hai alguén que sabe onde estás nese momento. En realidade tes marcado o número de emerxencias pra chamar en calquer momento.

Ollos. Comezas a fixarte nas casas mais pertas. Cales parecen habitadas, a cales podes chamar. A outra beira do río, coches, algún peatón, o que sexa. Quen sexa que te poida escuitar se berras.

Cabeza. Repasas ese mapa mental que todas levamos sobre carreixos e atallos que te levan rápido a sitios onde hai mais circulación de xente. Todas temos ese mapa de rutas alternativas por se hai que saír correndo.

Esto proceso levámolo a cabo en menos de tres segundos. Todas o sabemos, o medo é un mestre moi poderoso. E aprendémolo porque non nos pasa unha vez, nin dúas.

Imaxina que isto non é unha excepción de un día. Que pasa cada día. A moitas mulleres. Seguramente, todas as que coñeces poden contarche unha experiencia deste tipo. Ou peor. Mais de unha. Imaxina que sempre que voltas a casa de noite alguén che berra, chámache cousas, diche o que lle parece o teu corpo, séguete, intenta intimidarte dicíndoche cómo te quere follar, pregúntache a onde vas tan soíña…

Imaxina vivir nun mundo no que sabes que cada vez que saes á rúa sen a compañía de un home, podes ser obxecto de acoso verbal, de intimidación ou de unha agresión sexual.

Pois iso é ser muller.

Anúncios

Deixe um comentário

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s