Recolho de Abordaxe e dou pulo:
Este número do noso boletín pretende ser unha aportación internacionalista solidaria coa loita dos pobos de Kurdistán. Como colectivo de comunicación anarquista pensamos que ofrecer un achegamento a esta loita adicando un número monográfico que nos permita trascender os fluxos e as velocidades de internet e levar ás rúas, aos centros de ensino e traballo e aos espazos sociais da Galiza unha humilde profundización crítica sobre este complexo proceso revolucionario, era un xesto mínimo que debiamos realizar.
Cremos firmemente na importancia de tratar de comprender e estudar un acontecemento de semellante relevancia e as peculiaridades que provocaron a atención de gran parte dos individuos e organizacións revolucionarias de todo o mundo. Tamén queremos engadir que realizar un achegamento e tentar analizar e comprender desde unha óptica antiautoritaria as virtudes e contradicións de semellante proceso social, non significa en absoluto apoialo acríticamente, ao contrario, pensamos que este tipo de exercicios axudan a fornecer en certo grao ás loitas revolucionarias de todo o mundo unha serie de ideas e debates-chave. Trátase básicamente diso.
Podes descargar ou ler o boletín na sección da columna dereita ou premendo[aquí]. A continuación deixamos o índice de contidos:
PORTADA
- Solidariedade internacional coa loita dos pobos de Kurdistán – Comunicado do colectivo Rojava Azadi
HISTORIA
- Contexto histórico do Kurdistán – tirado da revista «Rojava no está sola». nº1-Outono 2015
OPINIÓN
- Democracia sem estado no Curdistão – por Carlos C. Varela. Tirado do xornal «Novas da Galiza» de Avril de 2015
- Confederalismo democrático: a proposta libertária do povo curdo – por Ana Paula Massadar Morel. Publicado originalmente na Revista Diáspora
- Sivan Zerdesti, delegado do Congreso Nacional Kurdo: “O Estado-nación é a orixe dos problemas de Oriente medio” – Entrevista realizada por Álvaro Hilario
- Revolución en Rojava? – publicado orixinalmente en La Oveja Negra, Boletín da Biblioteca e Arquivo Histórico Social «Alberto Ghiraldo» (Rosario, Arxentina)
RESEÑAS
- Orígenes de la civilización de Abdullah Öcalan – por Ahmed Al Maliki