Graças “Andaina”!! Por fim fai-se público um outro olhar feminista

andaina Hoje soubem deste texto publicado ontem no blogue de “Andaina: Revista Galega de Pensamento Feminista” : BANALIZACIÓN DAS AGRESIÓNS MACHISTAS que passo a colar á íntegra (na sua normativa); mas denantes quiger comentar que me sinto orgulhoso de ter sido educado na vissom feminista do mundo polas mulheres que conformavam, na altura dos anos 80′, este projeto editorial que ainda segue em pê; foi quando nos meus anos moços de estudante decidim achegar-me ao que, na altura era o MCG (Movimento Comunista de Galiza); o partido que de entom tinha, junto a LCR (Liga Comunista Revolucionária), os postulados de luita considerados os mais feministas de tudo o estado espanhol e de ai jurdiram as editoras de Andaina (revista que, por aquelas, ajudei a distribuir e vender naqueles postos de partidos e sindicatos que havia no Toural todas as manhás de domingo, figera sol ou chovera). Graças compas!! e ainda que já há tempo que abraçei o anarquismo, sego tendo vossas ensinanças como guia nas minhas dúvidas sobre a luta contra o patriarcado e contra o machista que levo dentro:

A finais de xuño de 2015 Andaina: Revista Galega de Pensamento Feminista recibiu un correo asinado por un colectivo que se identificaba como Feministas de Compostela, no que se nos pedía que colgásemos na web a carta que se axuntaba. Tratábase dun texto escrito en primeira persoa, no que se acusaba a Suso Sanmartín de agredir, apenas un mes antes, a unha muller nun local público de Compostela.

A reiteración de expresións do tipo «violentamente», «invasión do meu espazo», «burlouse, riu», «desquiciante», «violentadas», «comportamentos obsesivos e dominantes» e a insistencia en evidenciar «o tipo de condutas destes agresores» falaban alto e claro do malestar da denunciante, pero o motivo da súa ira non estaba, ao noso entender, suficientemente explicado. A este respecto, a carta limitábase a indicar: «Este suxeito interrumpiume colléndome como se collen as cousas que son túas (con determinación) supoño eu que para bailar comigo. Cando o evitei e respondín a invasión do meu espazo o tal S. S. burlouse, riu e pasou do tema cunha facilidade de todo desquiciante».

Ao continuar lendo, chamou a nosa atención a cantidade de información persoal que se proporcionaba do suposto agresor, tanto a respecto da súa militancia política e social, como do seu quefacer laboral. A denunciante dicía non ter nada en contra deses colectivos e organizacións, pero insistía en facer pública a «responsabilidade política» de Sanmartín.

Ao final do documento, desaparecía a primeira persoa e xurdía un plural que denunciaba que o que «lle aconteceu a esta compañeira nom é nada novo», anunciaba o fastío das mulleres ante este tipo de situacións, demandaba un espazo público de debate e ameazaba con que, en caso de necesidade, «seremos as feministas as que nos tomemos a justiça pola mao».

Respondemos ao correo pedindo reunirnos con algunha representante do colectivo para aclarar as nosas dúbidas, debater sobre o tema e actuar en consecuencia. A resposta que recibimos deixounos bastante descolocadas. Apoiaba plenamente unha das expresións finais da carta que se nos enviara: «Empregar este comunicado para outra cousa que non seja o que nós desejamos é invisibilizar o ocorrido e dar-lhe mais importancia a desacreditar um coletivo que a tratar de combater o patriarcado». Acordamos gardar silencio e non pronunciarnos.

Isto foi hai máis dun ano. Nese tempo o asunto ten dado moitas voltas e a situación volveuse pública e complicada. En xullo de 2015, apareceu un novo documento dixital baixo o epígrafe «Pelo fim da invisibilizaçom de agressons machistas nos movimentos sociais» e en novembro de 2016 chegou a nós un novo texto, asinado por 450 persoas, que reza «Já chega de agressons machistas!!!!». Cartas de amigos de Sanmartín defendéndoo, do propio Sanmartín tentando explicar o sucedido, pintadas nos muros composteláns, denuncias nos xulgados e centos de comentarios nas redes sociais completan tan desagradable historia.

En vista da dimensión que está tomando o asunto, Andaina decide agora posicionarse publicamente.

En Andaina non acostumamos asinar documentos polo feito de estar impresos nun papel  malva ou redactados en tinta violeta. Gústanos entender que é o que apoiamos e procuramos reflexionar sobre todo o que nos rodea. Evidentemente, desde sempre combatemos sen contemplacións a violencia de xénero e calquera tipo de violencia exercida contra as mulleres pero consideramos que este uso dun problema social tan serio é moi perigoso, pois banalízao e non favorece en absoluto ás vítimas que o sofren realmente.

Entendemos que neste caso estamos ante un texto redactado nunha linguaxe escura e tendenciosa, que non se corta á hora de difundir nas redes, manifestos e paredes o nome e apelidos dunha persoa á quen se lle apón a cualificación de agresor, a comisión dunha suposta agresión contra unha muller, condenándoo con violencia, pero que non deixa claro o sucedido. A postura autoritaria das asinantes e a percepción de que as persoas ás que se lles demanda apoio deben condenar incondicionalmente unha agresión que non se explica nin se demostra, esperta en nós preocupación, desconfianza e rexeitamento. Como expresamos no editorial do noso último número publicado: «Corremos o risco de converter esta viaxe común pola nosa liberdade nunha intimidación, errando de inimigo. […] Unha volta punitiva ou lonxe da resolución de conflitos de xeito colectivo ideal pola que deberiamos pelexar» (*).

————-
(*) Nota do gajeiro: Podedes aceder ao pdf do seu último nº e á editorial á que fam referência nesta ligaçom da sua web.

Anúncios

6 ideias sobre “Graças “Andaina”!! Por fim fai-se público um outro olhar feminista

  1. lucia

    Coido que si sodes un blogue de ámbito galego, e máis de carácter reivindicativo, deberiades escribir nalgún idioma que se fale en Galiza (galego ou castelán), xa que a gran maioría das vosas lectoras son galegas.

    Curtir

    Resposta
    1. ogajeironagavea Autor do post

      este é um blogue persoal onde manifesto minhas inquedanças. Escrevo no galego que conheço e reconheço como origem da língua espalhada por toda a lusofonia: o galego-português.

      Curtir

      Resposta
      1. lucia

        O galego-portugués non é unha lingua xa que non se fala de forma natural, é unha lingua “espalhada” por linguistas que nun momento determinado renegaron do galego como lingua natural da nosa Galiza. Dende que era nova coñecín moitas persoas galegas de antepasados galegos e non coñecín ningunha que falase galego-portugués. E a gramática e nomenclatura con caracteres portugueses non ten sentido xa que os fonemas galegos en calquera das súas variantes faladas en Galiza non teñen un son parecido ó dos fonemas portugueses.

        Curtir

  2. Pingback: “O galego-português nom é umha língua” | ogajeironagavea

Deixe um comentário

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s