“Sobreviver Nom Pode Ser Delito”.- O concelho corunhês de “A Marea” multa com 1500€ a um vendedor ambulante. Estes som os da nova política??

11873458_10207701909084931_3895603508601987202_n-copia Recolho de SOS Racismo Galiza o seguinte seu Comunicado denúncia (que deito tal qual com a sua normativa oficialista) para ajudar a difundir. Nele destacam a hipocrasia deste governo mareante que pese a aprovar normativas para evitar os abusos policias contra imigrantes, e dar-lhe publicidade com grande aparatagem mediática e de declarar, há caseque 1 ano, A Corunha como Cidade de Acolhida, esta atuaçom policial, e outras similares e o incumprimento das suas promesas e a falha de propostas e alternativas, demonstram que som iguais que o resto e que só fam gestos de cara a galeria:

SOBREVIVIR NON PODE SER DELITO.
POLO ARQUIVO DE SANCIÓN POR FALTA DE LICENZA ADMINISTRATIVA A VENDEDOR AMBULANTE.

A pasada semana, o Concello da Coruña notificou a M.F. veciño da nosa cidade e vendedor ambulante na Rúa Real, unha proposta de sanción de 1.500 € por non dispoñer de licenza administrativa para o exercicio da venda ambulante.

O día 28/08/2016 M.F. atopábase na Rúa Real ofertando paraugas e sombreiros (anteriormente mercados en comercios maioristas da cidade) para poder obter uns mínimos ingresos que lle permitisen subsistir a el e a súa familia, cando axentes da Polícia Local da Coruña o identificaron e lle retiraron a mercancía. Uns días despois dita mercancía, segundo procedemento, foille devolta na comisaría local ao non tratarse de mercancía falsificada.

Cinco meses despois cal é a sua sorpresa, cando chega ao seu domicilio unha proposta de sanción de 1.500 € do Concello da Coruña por exercer a venda ambulante sen licenza administrativa.

Dende SOS Racismo Galicia insistimos na idea de que SOBREVIVIR NON É DELITO. Entendíamos que o goberno local da Coruña, que dende a Concellería de Igualdade e Diversidade, declaraba A Coruña como Cidade de Acollida alá polo mes de abril de 2016 (Entrenós, 07/04/2016), faría os maiores esforzos para evitar  a represión dos colectivos de persoas migrantes que se dedican á venda ambulante, así como para buscar alternativas que lles permitisen ter unha oportunidade para gañarse a vida na nosa cidade.

Tamén queremos lembrar que programas nesta línea como o presentado o pasado mes de maio de 2016 aos medios de comunicación, o plan PIPE (Programa para a Identificación Policial Eficaz), programa que pretendía traballar directamente para que, entre outras cuestións, a policía local da cidade fixese “identificacións eficaces e efectivas e servise para previr delitos de odio ou para xestionar o traballo cos colectivos diversos da cidade”, non poden quedar en meras políticas cara a galería e premios, que con respecto ao tecido asociativo resumíronse a unha mera reunión de presentación da plataforma, e outra de acordo de participación. Un ano despois atopámonos que este programa non está a servir para evitar as abusivas intervencións policiais contra colectivos de persoas inmigrantes en distintos puntos da cidade, tales como a rúa Real en agosto e decembro, ou recentemente na praza de San Agustín.

Non cabe máis que esixir responsabilidades políticas ao Goberno Local do Concello da Coruña e expresar a nosa disconformidade co insuficiente traballo que se está a levar a cabo en relación á xestión da diversidade na Coruña, con incumprimento de promesas e falta de propostas e alternativas para que toda a cidadanía teña opcións para gañarse a vida ou mínimamente sobrevivir.

Por todo isto, unha vez máis solicitamos ao Concello da Coruña o arquivo de dita sanción e a repulsa absoluta ante calquera tipo de política que criminalice o dereito a subsistir das persoas.

Porque sobrevivir NON É DELITO!

Anúncios

Uma ideia sobre ““Sobreviver Nom Pode Ser Delito”.- O concelho corunhês de “A Marea” multa com 1500€ a um vendedor ambulante. Estes som os da nova política??

  1. Pingback: “Sobreviver Nom Pode Ser Delito”.- O concelho corunhês de “A Marea” multa com 1500€ a um vendedor ambulante. Estes som os da nova política?? | abordaxe

Deixe um comentário

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s