1 de abril desde as 21:30′: SUBSOLO RAP FEST- 5ª ediçom na Sala Moon e Bar O’Pozo

Meu bo amigo Adri, “Furnier”, um dos organizadores deste Festival independente de música Rap, remitiu-me um seu correio coa programaçom da 5ª ediçom e a explicaçom do que vem sendo este festival, que desde já conta tamém co seu próprio blogue SUBSOLO RAP FEST. Co galho de ajudar a dar-lhe pulo, colo acá o correio recebido:
Boas xente, escrebemos para animárvos a difundir e acudir á quinta edición do SUBSOLO RAP FEST, o vindeiro sábado 1 de abril ás 21:30H na SALA MOON (Compostela). SUBSOLO RAP é un festival independente de música rap. Os obxectivos principais deste evento ademais da difusión dos artistas que nel participan, é xerar un espazo-tempo de referencia para a escena underground do rap na Galiza e o resto da Península Ibérica, así como aportar ao circuito cultural de Compostela un festival alonxado das radiofórmulas e a lóxica puramente mercantil que invade o ocio da nosa vila actualmente. Este proxecto naceu en marzo do 2009 e desde entón xa temos realizado catro edicións de maneira intermitente, e imos a pola quinta!!

Nesta quinta edición contaremos coas actuacións de IGNIS VERBIS, desde Setúbal (Portugal), presentando o seu single debut “Barca da vida”. IGNIS VERBIS é un proxecto que xurde da fusión entre o rap interventivo de Xoto con o rock stoner de Los Empty Heads e a maxia da produción de Dj Dysiled. A actitude é de rúa, sen pelos na lingua nen panos quentes.

Tamén contaremos coa presencia de FURNIER, un clásico no festival e toda unha referencia do underground por estas latitudes, con 4 discos editados, leva anos transmitindo potentes concentracións de amor e odio en forma de rap e sonando nos estéreos dos quinquis máis sibaritas.

Desde Lugo visitaránnos dous grupos emerxentes da escena, que farán unha actuación en combo conxunto. Trátase de GOMA2CREW & SUD-AK´s,  que combinarán a crudeza do rap hardcore clásico dos primeiros coas metralletas líricas e golpes de realidade dos segundos.

Tras o concerto haberá unha “after party” na Taberna-Pub O´Pozo con DJ RUSSINHA, referente dos bailes nocturnos da torcida picheleira e membro fundadora do grupo de rap e trap feminista Mulheres Na Batida.

ACUDE E DIFUNDE!!!

subsolorap.wordpress.com

Anúncios

Deixe um comentário

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s