Pedem 3 anos de cárcere a umha das convocantes da XIII Marcha á prisom de Teixeiro!!!

As compas envolvidas no novo projeto informativo anarquista “A Irmandade da Costa”, do que vos falei antontem, publicarom ontem este seu artigo ao respeito da petiçom fiscal de pena de algo menos de 2 anos contra dois manifestantes, contra umha por tirar foguetes diante da prisom co galho de fazer-se ouvir polas presas e contra a outra por supostas lesons a um picolo como produto dumha pequena liorta quando este quigera deter a fogueteira e mais a petiçom de 3 anos de cárcere para a pessoa convocante a quem se lhe acusa de organizar manifestaçons nas que se promove o levar armas ou explosivos co galho de organizar altercados (???!!!)

Mas denantes de colar acá o seu artigo (para colabourar a dar-lhe pulo), dizer que eu (multado em 2 anos seguidos por só assistir a tais manifestaçons)  lembro bem essa convocatória do ano 2013  (4 anos depois chegam as petiçons fiscais!!) e tamém que, durante todo o percorrido dessa manifa e na posteiror concentraçom diante do cárcere, (onde supostamente sucederom os feitos que denúncia o fiscal a expensas da versom dos picolos) lá estivo umha equipa de observaçom de Esculca (Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades) co galho de comprovar se se observava, por parte das forças de in-seguridade, o escrupuloso respeito ao direito constitucional a manifestar-se (acordo que tomaram as gentes de Esculca diante das numerosas restriçons observadas ao respeito na Galiza, entre elas as contínuas e numerosas multas polo feito de manifestar-se contra os cárceres) e a tal respeito escreveram no seu relatório (*) (sic): “A trinta minutos das duas da tarde, um dos agentes lánça-se contra as manifestantes, sem que se tenha constância do motivo, e prodúze-se umha alteraçom. Acode outro agente. Os dous com apoio doutra agente tentam deter uns dos participantes da marcha de jeito aleatório e indiscriminado. Finalmente nom levam a cabo as detençons”. E engadem ato seguido em referência á pessoa que figurava como convocante e a quem se lhe pedem 3 anos de cárcere: “Devido a estes acontecementos a responsável do evento desconvoca a manifestaçom, e esta disólve-se sem mais incidências.

Piden tres anos de cárcere a quen convocou a XIII marcha á prisión de Teixeiro x A irmandade da costa

Unha petición fiscal de tres anos de cárcere para a persoa convocante e outras dúas, unha de ano e oito meses e outra de ano e nove meses, para dous dos participantes son o absurdo e desproporcionado saldo represivo da XIII marcha á Prisión de Teixeiro, sucedida no 2013.

Aquel ano, tras tentar a garda civil identificar a un dos participantes por lanzar os habituais foguetes cos que xs manifestantes transmiten a súa solidariedade axs internos (o ruído permite que xs presos se decaten da protesta), produciuse un pequeno rifirrafe entre picoletos e manifestantes. O asunto non tivo demasiada transcendencia, xa que nin sequera houbo detencións no momento, e limitouse a un tira e afrouxa cos participantes para tentar que non identificasen o compañeiro en cuestión. Pois ben, pasados catro anos dos sucesos chegan as peticións fiscais para o inminente xuízo, ademais da imputación polo uso dos artefactos pirotécnicos e outra por supostas lesións a un picolo, ambas algo inferiores a dous anos de prisión (polo que non se entra na cadea a menos que se teñan antecedentes), e ata aquí algo máis ou menos previsible, o máis sorprendente do caso é a petición fiscal de tres anos de cárcere para unha das persoas que dera o seu D.N.I. para convocar a Marcha. Ampáranse no artigo legal previsto para manifestacións nas que desde a organización promóvese o levar armas ou explosivos co fin de organizar altercados, para, deste xeito, poder soster semellante petición fiscal desproporcionada (que, de ser validada por un xuíz, implicaría o inmediato ingreso en prisión).

Dáse o caso de que esta non é a primeira ocasión na que se producen desproporcionadas actuacións represivas contra os participantes nas anuais Marchas á Prisión de Teixeiro (que xa van pola súa decimoséptima entrega), pois parece ser que a delegación do goberno mantén un pulso cos manifestantes por acabar con semellante desvergoña como pode ser o amosar solidariedade ás persoas privadas de liberdade. Desta forma en varias ocasións multouse a todxs xs participantes por non ser convocada a Marcha; cando as Marchas empezaron a convocarse entón sancionaron aos coches dos asistentes con absurdas multas de tráfico; sométese sempre axs solidarixs a desproporcionados e exhaustivos controis antiterroristas con rexistros dos seus vehículos a cargo de picolos armados con subfusile; e mesmo chegaron a picar as rodas dos coches dos manifestantes nunha ocasión (máis de vinte rodas furadas de dazanove coches)…
e é que os camiños da benemérita son inescrutables.

Seguiremos informando.

—————–
(*) Recolhido do velho blogue de Abordaxe

Anúncios

Deixe um comentário

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s