Compostela Nom Se Vende!! Concentraçom 27 abril, 5ª feira-joves, as 16:00′ no Obradoiro

A gente envolvida nesta luta pola recuperaçom dos espaços públicos e sua utilizaçom pela cidadania compostelá leva tempo fazendo assembelias abertas no entorno do parque de Galeras para cordinar-se e fazer propostas a toda a cidadania. Assim, na semana passada, tirarom esta convocatória pública que recolho e dou pulo:

Convocamos unha concentración que terá lugar o xoves 27 de abril, ás 16:00, na praza do Obradoiro, durante o pleno municipal no que rematará de orientarse a venda do Hospital Vello, exercicio especulativo que pretende roubarnos á veciñanza de Compostela un anaco histórico da cidade, alterando a vida das xentes de Galeras, transformando o barrio, masificándoo e ocasionado un tráfico moito maior.

Lembramos que o 20 de xaneiro confirmouse unha venda moitas veces premonizada, ansiada e codiciada por parte do empresariado dos sectores hostaleiros e residenciais. O Hospital de Galeras foi adquirido por
Asteriscos Real Estate SL, apéndice especulativo de Invernob Coruña SL (financiada anteriormente pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para poder facer fronte ao proxecto privado), coa
aprobación e co beneplácito da USC (Universidade de Santiago de Compostela) e do Concello.

Atopámonos no medio dunha batalla contra o público, nunha batalla polo modelo de cidade de Compostela, diante da posibilidade de que Santiago e Galeras se convertan nun parque temático para o turismo, perdendo a identidade real de barrio. Non hai moito, a Xunta financiou con máis de dous millóns de euros a reforma do asilo de Carretas, orientado ao servizo ás peregrinas, rexentado pola Igrexa católica e cun uso privado á veciñanza. Mentres, deixa morrer por inanición espazos históricos da nosa cidade e do noso barrio.

Queremos que as institucións implicadas, desde a USC ao Concello, pasando pola Xunta, asuman os seus erros e, ante a acción da sociedade civil compostelá, rectifiquen este delirante exercicio especulativo.

Defendemos o uso social e público do espazo desde unha óptica pensada para a veciñanza e o estudantado que responda as nosas necesidades, coma as de unha residencia para persoas maiores, unha residencia para estudantes ou un centro de dia.

Animámoste a participar de Compostela Non Se Vende e a mobilizarte con nós o xoves 27 para, xuntas, plantarlle cara aos intereses especulativos e privados no noso patrimonio e para defendermos unha Compostela ao servizo de todas.

Compostela non se vende!

Anúncios

Deixe um comentário

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s