Fanzine “A Insumisa non se merca”

Colo acá para ajudar a dar-lhe pulo a ligaçom para lêr ou descarregar (clicade acá) este fanzine editado pola penha do CSO A Insumisa de A Corunha, a além colo sua introduçom na que dam múltiples respostas ao porquê desta publicaçom:
Por que facemos este fanzine?

Porque vivimos a okupación como unha forma de apoio mutuo, cooperación, solidariedade e horizontalidade.

Porque estamos fartas de debates estériles, baixo fórmulas reducionistas de bo/malo, responsable/irresponsable, institucional/dogmático, maduros/infantís, etc.

Porque queremos promover, espallar e ampliar a idea da okupación como forma de desobediencia civil.

Porque A Insumisa é moito máis que unha sala de concertos ou unha sala de exposicións.

Porque temos dereito a seguir sendo suxeitos políticos e non meras consumidoras de ocio.

Porque non estamos dispostas a perder a nosa autonomía mediante inxerencias externas.

Porque estamos creando e promovendo outros xeitos de relacionármonos libres de machismo, racismo, tortura animal, e fuximos de prácticas autoritarias e capitalistas.

Porque apoiamos e difundimos accións e xornadas solidarias con moitas causas sociais e contestatarias que nunca terán cabida dentro das institucións.

Porque queremos rexernos por nós mesmas e non ter un xestor externo que nos goberne.

Porque o poder sempre foi o poder e impregna tódalas esferas das nosas vidas, dá igual que o exerza a Marea, o PSOE ou o PP.

Porque queremos seguir construíndo espazos abertos, participativos e autoxestionados; unha práctica que é radicalmente oposta a unha xestión municipal vertical e xerárquica.

Porque cremos nos espazos liberados das lóxicas de poder e cremos que é de vital importancia a súa defensa.

Porque toda intromisión institucional por parte do poder é un auténtico insulto a todo proceso colectivo horizontal.

Porque non permitiremos que destrúan os nosos soños.

Porque queremos evidenciar a incongruencia e o cinismo que supón que aqueles que empregaron os movementos sociais para chegar ao poder sexan hoxe os mesmos que reprimen e criminalizan.

Porque non nos afecta a campaña de desprestixio por parte das institucións e do poder mediático; estamos orgullosas de dar vida a espazos abandonados, creando redes de solidariedade dende a base, sen ningún tipo de benefício económico.

Porque precisamos seguir sendo libres e tolas.

Porque temos demostrado que podemos realizar as nosas actividades sen ningún tipo de apoio institucional, sendo este o único modo de manter a nosa autonomía e independencia.

Porque queremos 10, 100, 1000 centros sociais.

Porque os nosos soños non se desaloxan.

Porque desaloxos son disturbios.

Porque a loita é o único camiño.

Por isto e por moito máis facemos este fanzine que tes agora nas túas mans, tendo en conta que o caso da Insumisa non é un caso illado. Por todo o Estado está sucedendo a diferenciación entre “okupas bos” —aqueles que pactan coas institucións— e “okupas malos” —aqueles que se negan e resisten—. Nós pertencemos a este segundo grupo, ao grupo que defende os espazos liberados e autoxestionados, e constrúe un proxecto común horizontal á marxe do poder.

Temos mil razóns e argumentos e defenderémonos ante as agresións. Agora máis que nunca…

A INSUMISA NON SE MERCA!

Anúncios

Deixe um comentário

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair /  Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair /  Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair /  Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair /  Alterar )

Conectando a %s