“Onte fixo catro meses” x Elena Buch – Palavras sobre a vaga de lumes do outono passado

Recolho, com o permiso da autora, do seu muro duma rede social, este magnífico texto assim coma as imagens que o acompanham. Um texto que fala de sentimentos de tristura e de amor á nossa terra; de nojo para o fascismo e o capitalismo que estám a transforma-la e destrui-la; e no que se fai um convite a luitar para recuperar este país das fauces do mostro depredador. Colo (mantendo sua grafia original) e convido a sua leitura pausada:

Onte fixo catro meses.
Catro meses dende o 15 de Outubro, dende a masacre que calcinou unha Galicia xa sentenciada.
Eu xa non estou deprimida; custou, non ía custar…
Saimos camiñar, coma tantos días… a ser conscientes, a documentar, a brutalidade dos tempos que nos tocaron vivir.
Miramos cadáveres, esqueletes de árbores ó noso redor. Unha carballeira centenaria calcinada; encolle o corazón pensar en quen a plantou, doe de verdade; estarase a revolver na súa tumba, de seguro, doe.
Sempre penso, imaxino estes camiños, carreiros, quiringostas, devesas… e o movemento que nelas houbo; persoas co seu leghón ó lombo, traballando. Traballando e desfrutando, moendo e cantando; asubiando, berrando… falando. Podese chegar a escoitar os pasos, e os bramidos dos animais. Escoitar a auga, a Vida. Agora non se escoita nin o píar do ferreiriño, nin se miran as pegadas da corza…
É imposible non chorar ó voltar, coa cara e as mans suxas de cinza, voltar destas escenas que atestiguan a morte dun xeito de vida, non da morte, do asesinato. O asesinato dunha economía autosuficiente, dunha cultura propia chea de beleza, cuias raíces profundizan na ancestralidade pura, transmitida durante xeracións, mantendo a súa esencia primitiva inalterada ; o esvaecemento do patrimonio, material e inmaterial… o coñecemento, a sabedoría, a natureza, a arte… xa foi…
Somos as ultimas xeracións que aínda están en contacto coa xente que vivíu todo isto. Que camiñou os carreiros, e foi moer ós muiños (moer, e o que non é moer… xa sabemos), que usou o regho cando lle tocaba, vestiu liño dos batáns da Insua, criou animais nestas veighas, sementou o liño, prantou frondosas…
A xente que coñeceu o bosque autóctono e o seu aproveitamento, a xente que coñeceu Galicia libre de eucaliptos.
Os meus fillos son galegos, sinónimo de ser do mundo, por certo; e quero que coñezan a Galicia sen eucaliptos; e xa de paso, libre do fascismo que a aniquilou, e a está rematando. Que para introducir o capitalismo máis atroz, exterminou o pensamento, a intelixencia e a fala; a economía e a cultura, a paisaxe… a Galicia enteira. Que matando persoas e obrigandoas a emigrar, conseguiu usurpalo TODO. Que conseguiu que as mellores fincas de cultivo, plantadas con monocultivo no seu día, abandonadas hoxe, xa non valan nada, gracias ás plantacións do nefasto eucalipto, que arrasou con muiños, fontes, carreiros, batáns, canles, ríos… destrozou todo o que ó seu paso estaba, o monte todo…
FORA ENCE, FORA FINSA!!! CULPABLES!!!
Este fascismo persistente en convertir a Galicia nun dos países máis envellecidos do mundo.
Eu prántolle cara, orgullosa do que Galicia representa; ensinolle os dentes, e asegurolle que vou loitar para que os meus fillos coñezan e disfruten do que é ser galegos.
Isto non é pesimismo, é Realismo
E co optimismo máis profundo do meu corazón asevero que estamos a tempo; que podemos recuperar este país das fauces do mostro depredador. Esta Galicia que nos sustenta e caracteriza, e nos fai ser doces e amables, duras, traballadoras, alegres e retranqueiras. Fortes sobre todo, moi fortes.
Podemos facelo se loitamos moi duro; vainos levar moito, moito choio, pero é o único xeito de conseguilo. ANIMO!!

Se alguén anda coa moral baixa, que veña falar comigo, que x poño chaspar abronllos de arcolito que queda aliviadx!!!

Por eiquí van medrando os 160 kg de centeo que botamos, recuperaronse feches do gando, e cairon máis alcolitros; que se preparen que DISTA VAI!!!!

As prímulas silvestres xa floreceron , xa ven a primaveraaa!!!!

Uma ideia sobre ““Onte fixo catro meses” x Elena Buch – Palavras sobre a vaga de lumes do outono passado

  1. Pingback: LUMES.- A QUEM LHES POIDA INTERESAR | COMOCHOCONTO

Deixe um comentário

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair /  Alterar )

Foto do Google

Você está comentando utilizando sua conta Google. Sair /  Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair /  Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair /  Alterar )

Conectando a %s