[A Corunha] 30 e 31 de março: Jornadas na Defensa dos Espaços Liberados no CSO “A Insumisa”

Colo a informaçom recolhida duma rede social (mantenho sua normativa junteira mas modificando as ligaçons oferecidas dos espaços participantes) (*):


Xa están aquí as xornadas na defensa dos espazos liberados!!!

Esta proposta xurde a raíz da represión exercida polas institucións (Marea Atlántica no noso caso) sobre movementos e centros sociais que loitan por crear tecido social dende abaixo de maneira autónoma e autoxestionada. Lembramos que o proceso de desaloxo da Insumisa xa está en marcha e o concello deunos 10 días pra presentar alegacións, despois dos cales tocará resistir. É por isto que dende A Insumisa propuxémosnos axudar a visibilizar espazos okupados, informar sobre o seu funcionamento, comprender as ideas que hai tras unha okupación e tecer lazos pra aprender unhas das outras.

Para isto, contaremos con varios CSOs e con xente da comunidade de Errekaleor contando as súas vivencias. Tamén haberá varios concertos pra que non falte a diversión e ceadores pra non pasar fame! 😉

PROGRAMACIÓN:

VENRES 30:

18:00 Presentación dos CSOs e colectivos + mesa redonda (resistencia, tácticas contra a represión e a legalización, experiencias en común). Teremos connosco xente de:

CSOA Escárnio e Maldizer (Santiago): nun evento destas características non podíamos non contar coas nosas compas de Santiago. O Escarnio naceu no 2014, enchendo de vida rúas compostelás con palestras, obradoiros, presentacións, etc. Até o seu desaloxo o ano pasado, que provocou unhas manifestacións masivas na súa defensa que acabaron en disturbios, brutalidade policial e decenas de persoas multadas.

ESOA La Dragona (Madrid): aberto no 2008, este espazo okupado conta con ximnasio, biblioteca, hortas, obradoiros varios, locais de ensaio, estudo de grabación, tenda gratis e cine. Rexeitando tamén negociar co seu propio concello “do cambio”, actualmente está en risco de desaloxo, chegando a frenar dous intentos de desaloxo grazas ó apoio popular!

Errekaleor Bizirik (Gasteiz): barrio de Gasteiz xestionado pola xente á marxe das institucións dende 2013

CSO Kike Mur (Zaragoza): antes, un cárcere, dende o 2010, un centro social okupado. Levado a cabo pola xente de maneira autónoma, aforrándose a ineptitude das institucións que fan que proxectos simlares tan estupendos como Proxecto Cárcere (a quenes deseamos o mellor) teñan que esperar máis de 8 anos pra abrir as súas portas…

La 13-14 (Madrid): este CSO abriu as súas portas no 2014. Outra mostra da okupación como ferramenta de creación e loita contra o que nos oprime.

*Aínda que se inclúa no cartaz, non poderá asistir ninguén de La Enredadera de Tetuán, mágoa.

21:00 CEADOR (vegano) + CONCERTOS con varias bandas de punk galegas:

* K-dukaos (Coruña)

* Rameras (Compos)

* Verbena Velutina (Compos)

————–

SÁBADO 31

16:00 CSO Kike Mur: “Represión e resistencia dende o cárcere de Torrero”

17:30 Errekaleor Bizirik!: “Historia desta comunidade nas aforas de Gasteiz”

19:00 ESOA La Dragona: “A okupación non será legalizada: 10 anos de loita”

21:00 CEADOR (vegano) + Queimada con foliada + Concertos:

* Feral Booty Folk postapocalíptico.

* Folkolicos Maneira perfecta pra rematar as xornadas

——————————

(*) A verdade é que me surpreende desde há bem tempo o abandono total da informaçom do CSOA A Insumisa a través do seu blogue e sua deriva a canalizar em exclusiva a informaçom das suas atividades a través só da sua página numa rede social que está no ponto de mira pola sua colaboraçom cos estados repressivos á hora de facilitar informaçom das suas usuárias sem seu consentimento tácito. E muito mais quando á hora de disponibilizar esta atividade na rede, só figuram as ligaçons ás páginas dessa mesma rede social dos “espaços liberados” que disponhem dela e deixam sem enlace algum a aqueles que, em boa lógica antisistema, nom participam nesse muro de lamentaçons. Entendendo tal, anulei ditas ligaçons e mudei-nas polas que acederedes ás suas webs ou blogues. Dum mesmo jeito mudei as ligaçons aos grupos participantes nos concertos.

Anúncios

Deixe um comentário

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair /  Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair /  Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair /  Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair /  Alterar )

Conectando a %s