Esculca, observatório de ámbeto galego que trabalha na defesa dos direitos e liberdades, organiza e convoca á cidadania interesada a debater sobre o retrocesso em liberdades e direitos sob a seguinte sua proposta de roteiro:
. Por que?
Porque o retroceso em liberdades e direitos é acelerado e entendemos que urxe estudiar o qué fazer. Por qué é isto así, que é o que facemos ben, que é o que facemos mal, que é o que podemos rectificar, …
. Para qué?
Non se trata de chegar a acordos, marcar unha estratexia comun, publicar un comunicado ou montar unha plataforma. Trataríase mais bem de ver se coincidimos no diagnóstico da situación e na necesidade de abrir un debate na sociedade que chegue alén da expresión de apoio e solidariedade puntuais a persoas ou colectivos afectados pola progresiva perda de direitos.
Se houber acordo sobre a urxencia de abrir un debate na sociedade que ultrapase os limites de colectivos e persoas xa conscientes da gravidade do que pasa, poderíamos estudiar formas de intervención (independentes, autónomas, federais ou confederadas, coordenadas ou nom).
. Que dereitos e que liberdades?
Continuar lendo