SUBSOLO RAP FEST VI EDICIÓN- Venres 18 de maio ás 22:00h no Moon Music Club

Recebo e dou pulo a esta info do Subsolo Rap Festival:

Este ano o festival Subsolo Rap chega cunha proposta variada na que tentaremos dar continuidade á liña que nos define, achegando artistas doutros lugares a Compostela e contando tamén con bandas expoñentes da cidade. O prezo de entrada ao evento é de 5 € e terá lugar o vindeiro venres 18 de maio ás 22:00h no Moon Music Club (rúa República Argentina nº35 – Compostela). Adxuntamos cartaz para súa difusión:
Estes son os artistas que forman o cartel da VI edición:


Este navarro afincado na Ría de Arousa é unha das principais voces emerxentes no panorama reggae e dancehall a nivel estatal. Nesta cita poderemos disfrutar de cancións dos dous traballos que ten publicados ata a data: Cruzando Babilonia e Camino. Crespo, de seguro, achegará unha praia a Compostela durante a súa actuación.


Tempo Norte é unha formación recente afincada en Compostela pero, con todo, os seus compoñentes son músicos experimentados e referentes do underground galego desde tempo atrás. O proxecto naceu en primavera de 2017, e desde entón a banda xa ten publicado un Maxi/Single que tivo moi boa acollida. Nesta edición de Subsolo Rap temos o privilexio de contar cunha actuación na que presentarán Antipersona, o seu primeiro disco de longa duración.


O madrileño Broder Chegar xa visitara terras galegas acompañando a El Coleta en edicións anteriores do festival, pero desta vez realizará unha actuación de seu, con sabor quinqui e castizo ao máis puro estilo do barrio de Moratalaz.

SUBSOLO RAP é un festival independente, principalmente de música rap, localizado na cidade de Compostela. O obxectivo deste evento ademais da difusión dos artistas que nel participan, é xerar un espazo-tempo de encontro para a escena underground na Galiza e o resto da Península Ibérica, así como aportar ao circuito cultural de Compostela un festival alonxado do mainstream e as radiofórmulas. Este proxecto naceu en marzo do 2009 e desde entón xa temos realizado 5 edicións de maneira intermitente en distintas salas da cidade, contando con artistas tanto do estado español como do portugués, pero principalmente de Galiza.

subsolorap.wordpress.com

ACUDE E DIFUNDE!!!

Anúncios

Uma ideia sobre “SUBSOLO RAP FEST VI EDICIÓN- Venres 18 de maio ás 22:00h no Moon Music Club

  1. Pingback: Novo videoclip de Tempo Norte | ogajeironagavea

Deixe um comentário

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair /  Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair /  Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair /  Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair /  Alterar )

Conectando a %s