SUBSOLO RAP FEST VII Edición – Venres 22 de marzo ás 21:00h no Moon Music Club – 4 propostas por só 5 €

Recebo e dou pulo a esta info do Subsolo Rap Festival, “un festival independente localizado na cidade de Compostela. O obxectivo deste evento ademais da difusión dos artistas que nel participan, é xerar un espazo-tempo de encontro para a escena underground do rap e das distintas músicas urbanas na Galiza e o resto da Península Ibérica, así como aportar ao circuito cultural de Compostela un festival alonxado do mainstream e as radiofórmulas habituais. Este proxecto naceu en marzo do 2009 e desde entón xa temos realizado 6 edicións de maneira intermitente en distintas salas da cidade, contando con artistas tanto do estado español como do portugués, pero principalmente da Galiza”.

Nesta VII edición o Subsolo Rap Fest cumpre 10 anos. Unha década tentando visibilizar proxectos musicais á marxe de dogmas e tendencias impostadas. O vindeiro venres 22 de marzo queremos celebralo con todas vós nun evento no que contaremos cun cartel ecléctico composto por 4 propostas emerxentes da escena musical urbana. O evento terá lugar ás 21:00h no Moon Music Club (rúa República Argentina/35 – Compostela).


LA PVRGA

Albagé/Endtropy e Kamalasutra forman un cocktail psicodélico de ambient reguetón que se orixina cando esta galega e esta Asturiana se atopan en Madrid e deciden emprender un proxecto común que deu como resultado La Pvrga. Nesta edición do Subsolo Rap disfrutaremos dun live set moi especial no que poderemos coñecer La Pvrga na súa fase incipiente.

Máis temas de “La Pvrga” en:https://soundcloud.com/lapvrga

TEMPO NORTE

Tempo Norte é un proxecto formado en Compostela durante a primavera do 2017, con todo, levan xa un percorrido intenso editando varios traballos e presentándonse en eventos como a LXVI Festa do Albariño, o Festival de la Luz ou este mesmo festival na sú edición anterior. Tres vocalistas (Black Dahlia, Lil Naipe e Kazike) e un productor (DJ Tips). Un sorprendente crossover de distintas músicas urbanas co rap como ingrediente principal.


Máis temas de “Tempo Norte” en https://www.youtube.com/watch?v=PhPbN1D1GtY&list=PLSAD5nVWpVVg_bDT0T3EqObWy_x1YW-fS

SUDAK´S

Sud-Aks son Beelattor e Rapsyko, dous artistas de orixe latinoamericano (Colombia e Cuba respectivamente) afincados desde hai anos en Galiza. Firmes expoñentes do rap conciencia sobre ritmos contundentes e flows que golpean con cada verso. Xa participaron na V edición do Subsolo en combo conxunto con Goma2Crew, mais desta vez poderemos desfrutar do seu potente directo nunha actuación integral.

KALI A.K.A. LA NEGRA

Esta mc lucense debutou hai escasos meses co seu traballo Gestando, pero leva xa uns anos repartindo o seu rap social e irreverente por toda a xeografía galega. Cando Kali actúa a rúa fala,  pero nen só iso, tamén se confirma o que todas sabemos… Chegou o momento das mulleres.


Máis de Kali en: https://www.youtube.com/channel/UC8bHxfwdZXr4uCKAtInkqtg

+INFO SOBRE O FESTIVAL EN subsolorap.wordpress.com

Deixe um comentário

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair /  Alterar )

Foto do Google

Você está comentando utilizando sua conta Google. Sair /  Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair /  Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair /  Alterar )

Conectando a %s