Opinom de “Lía Ifixenia” sobre o acontecido em 1 de junho no CSOA Aturuxo das Marías

Á espera dalguma reaçom por parte das mulheres envolvidas no ato fascistoide acontecidoem 1 de junho deste ano no CSOA Aturuxo das Marías de Compostela; bem fosse de reafirmamento da sua incomprensível atitude (ameazavam antes do vrão com tirar um seu vídeo que anunciaram pola rede com a fotografia que acompanha esta entrada onde ve-se a várias delas fazendo o gesto homófobo por excelência) ou bem fosse de desvinculaçom por parte dalgumas das presentes e participantes; lim por casualidade ou causalidade um comentário recém numa das mal chamadas “redes sociais” assinado por “Lía Ifixenia”, quem se declara feminista anarquista e com quem me pugem em contato privado e deu-me seu consentimento para faze-lo público acá na minha bitácora. Reitero meus agradecementos polo seu sim e cópio e colo tal qual na sua grafia:

“Estes días coñecín a vosa acción do 1 de xuño. Como feminista anarquista non podo deixar de expresar a miña indignación profunda polo acontecido, a miña repulsión e a miña pena.

O que fixestes non ten nome, ou tal vez sí, chámase comportamento sectario de corte fascista. Con cousas así cargádesvos a labor que moitas de nos tratamos de facer diariamente no eido dos feminismos, facédeslle a campaña gratis aos heteromachirulos (e heterofemirulas) de Vox e compañía, afastades dos movementos aos homes aliados e alimentades o termo de feminazis, que tanto dano nos fai e que encaixa tan ben no que vos representades. Porque, aínda que vos foda, apestades a totalitarismo e a catolicismo rancio. Oh, diosito, castígame, castígame, castígame que me he portado mal!!! ya sabemos que la letra con sangre entra. Qué modernas, por dios, por la patria y el rey!!!

Tendes de anarquistas o que eu teño de monxa. Resulta repugnante (á par que asombroso) que tildedes de “dignidade” algo así, que vos erixades na voz das agredidas sen distinguir graos, que exerzades a violencia contra os vosos supostos “compas” e que fagades un manifesto cheo de estupideces, barbaridades e consignas baratas. Estades a un pasiño de pedir a castración química (ou directamente a decapitación, non vaiamos a parecer blandengues) dos nenos nacidos tipos polo feito de selo. Veña, anímovos a dar ese paso, sería a solución perfecta para frear as violacións, non si?

O peor de todo é que tendes anulada a capacidade de pensar (e de sentir) polo efecto da manada (sóavos o rollito?), de non ser así alguén tería disentido. En fin, xa se sabe como funciona a mente grupal… Exemplos sobrados temos na historia.”

Deixe um comentário

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair /  Alterar )

Foto do Google

Você está comentando utilizando sua conta Google. Sair /  Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair /  Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair /  Alterar )

Conectando a %s