Dou pulo a esta iniciativa musical, do Hip Hop e do Rap feito na Galiza, Illa GZ, na que estám envolvidas boas compas da vida (na ligaçom anterior e, desde hoje, no meu apartado de “Ligaçons Amigas”, teredes acesso ás suas publicaçons) .
Deito acá a sua descripçom deste seu 3º -e último programa da que foi sua 1ª tempada- se bem eu estou certo de que virám umas quantas mais. Cópio e colo seu texto da apresentaçom deste seu podcast , tal qual recebim no meu correio:
O 2020 foi nefasto para todas, nós concretamente non puidemos desenvolver este proxecto como quixemos. Con todo, cremos que hai motivos para ser positivos, porque este ano tamén foi un ano de consolidación para a música rururbana galega, e desde Illa GZ queremos poñer en valor toda esta mandanga. Neste derradeiro programa da 1ª tempada contamos cunha sesión sen solución de continuidade realizada polo mítico DJ LaRock na que aportamos unha selección dalgunhas das propostas máis destacadas do pasado 2020:
ESCUTAR e a… DESFRUTAR !!!
E coma dim as compas: E NOM TE SINTAS RARA
Graciñas Comochoconto, este tipo de detalles teñen moito valor para nós.
😘😘💖
CurtirCurtido por 1 pessoa