[A Corunha] Sábado 23.- Jornada Antirrepresaiva em Apoio às repressaliadas no despejo do CSO A Insumisa

Além dou pulo ao escrito que venhem de publicar numa RRSS. Dizer para quem nom o saiva que na altura dos feitos governava a cidade de A Corunha essas e esses que se deram a chamar alternativos baixo o nome de “Marea Atlántica” e co tempo demonstraram ser tam pro-Sistema coma os da direita mais rância, saindo a mentir nos meios a sua concelheira de Igualdade e Diversidade, Rocio Fraga, para tratar de justificar o despejo deste Centro Social e mais as barbáries cometidos durante o mesmo pola sua polícia local e suas amigas da nazional; tal qual podem-se observar no vídeo gravado polo coletivo Galiza Contrainfo, que vos colo. Assinalar que a tal Rocio Fraga em quanto ao de ter sido concelheira de Igualdade seria porque se assemelha e muito a um outro Fraga naquilo de mandar repremer e depois olhar cara outro lado:

A luita continua! ✊

En maio de 2018 o concello de A Coruña desaloxaba o Centro Social Okupado A Insumisa. Múltiples vídeos recollen a brutalidade que a policía empregou contra xs manifestantes, moitxs delxs coas mans levantadas en actitude non belixerante. Varias persoas precisaron atención médica, ata con 13 puntos de sutura na cabeza.

Non obstante, nunha absurda pirueta xudicial, o supostamente democrático Estado español carga contra as vítimas, acusando a sete persoas de diversos delitos que suman máis de 30 anos de cadea e 25.000 euros de multa. Un deles incluso chegou a ingresar en prisión con cargo de sedición, delito que, afortunadamente, caeu da causa.

A Insumisa foi un centro social que desenvolveu centos de actividades nas que participaron milleiros de persoas. Nel realizáronse infinidade de eventos solidarios, culturais e formativos: ofrecía un ximnasio de libre uso, con clases de balde de boxeo, ioga, baile e capoeira; tiña un xigantesco half pipe cuberto pra a práctica de skate; unha sala de concertos pra desenvolver ocio e cultura á marxe do mercado; e un sen fin doutras actividades libres, abertas e de balde.

Pero procurar crear alternativas ao sistema capitalista é un crime imperdoable e o concello tivo que desaloxalo. Tres anos máis tarde segue pechado e sen ningunha clase de uso, pero iso si, xa non pon en cuestión os valores da sociedade de consumo.

Como non lles valía con esnaquizarnos o soño, agora pretenden arrincarnos a capacidade de soñar. Chega o momento de axustar contas. Sete persoas enfróntanse ao xuízo derivado daquel desaloxo e as protestas posteriores. As peticións fiscais son absurdas: unha de 10 anos e outra de 7 anos por desordes públicos, atentado e lesións; tres de 3 anos e medio por desordes e atentado; e dúas de 2 anos de cárcere por danos agravados. Económicamente, entre multas e responsabilidades civís, superan os 25.000 euros. Nin que dicir ten que o relato policial está cheo de falseamentos, mentiras e esaxeracións relativas aos incidentes provocados por eles mesmos coa sua carga desproporcionada e sanguinolenta.

Hai tempo que asistimos a un endurecemento represivo, e a okupación sitúase no punto de mira do sistema. Pretenden acabar con calquera tipo de autoorganización á marxe das institucións. Xs sete represaliadxs de A Insumisa serán chibos expiatorios pra amedrentar á resistencia, a menos que a solidariedade e o apoio mutuo logren impedilo. Está nas nosas mans.

Deixe um comentário

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair /  Alterar )

Foto do Google

Você está comentando utilizando sua conta Google. Sair /  Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair /  Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair /  Alterar )

Conectando a %s