O sectarismo no movemento libertario x Amaló

Colo acá para ajudar a difundir esta reflexom da minha moi boa amiga e compa, Amaló, publicado no novo site “Contra o Dogma”. Brava Amaló!! Orgulho de amiga:
Quixen deixar pasar uns días dende o arrepiante suceso do primeiro de xuño no CSO O Aturuxo das Marias (por unha cuestión de saúde mental) onde un grupo de mulleres acometeu unha acción contra os compañeiros e amigos (activistas dos movementos sociais galegos e do movemento libertario en particular), coa clara intención de levar a cabo unha cazaria de bruxas, converténdose estas mulleres nas inquisidoras.

“PATRIARCADO, AUTORITARISMO, DOGMATISMO… SECTA”.

O relato dalgunhas mulleres e dos homes alí presentes, provocan nas persoas que temos pasado polos calabozos das forzas represoras do Estado uns agrios recordos e tristura de comprobala similitude da acción das que ata ese momento considerabamos compañeiras e amigas. Autoinculpación, exposición de fotos dos inculpados, obrigación dos homes a sinalar aos seus amigos e compañeiros como agresores e o tan odiado (por humillante) “paseillo”, sufrindo as vexacións e os golpes.

Concordaredes conmigo que as mulleres anarquistas non podemos de ningún xeito suscribir nin apoiar está delirante acción. Os principios básicos das nosas ideas son “CONTRA TODA AUTORIDADE” e o “ENFRONTAMENTO SISTEMÁTICO CONTRA OS GRUPOS DE PODER”.

En principio xa é moi inquedante, tanto a selección dos homes, como das mulleres que levaron a cabo a acción. Aos homes convócaselles a unha “alerta feminista”, por ter que tratar graves asuntos con urxencia.

Curiosamente os convocados son os que acuden sistemáticamente as súas chamadas, e penso, que os únicos que traballan no rexeitamento dos seus privilexios de homes.

Tamén é sospeitoso o feito de non ter convocadas as compañeiras que serían críticas con esta acción, pero si convidar a outras que acudiron a chamada sen saber a que ían e participaron cun posicionamento acrítico.

Unhas poucas utilizaron a sororidade de moitas. “MANIPULACIÓN” dalgunhas cun discurso máis elaborado e o sometemento de outras con menos formación, tanto feminista, como ideolóxica.

Este suceso está a causar posicionamentos no feminismo, e no anarquismo, entendo que non podería ser de outro xeito, xa que moitos dos nosos compañeiros de loita e amigos, nalgúns casos dende fai vinte anos, estan sinalados como agresores. De a poucos fúmonos enterando o porque dalgúns sinalamentos, en moitos casos as imputación son por actitudes patriarcais…

“BRAVAS, BRAVAS, supermulleres que conseguichedes desterrar da vosa cotidianidade as actitudes patriarcais. Os méus parabéns”. Eu por desgracia as sigo ollando de seguido en min e tamén en vós (recoméndovos autocrítica e responsabilización, son liberadoras).

Pregúntome se realmente pensades que está acción vosa fai algún ben ao feminismo, que traballou varios anos nun protocolo asinado por todas, onde quedaban reflexadas as actuacións cara as agresións machistas, e utiliza o linguaxe con cordura e específica os sinalamentos das agresions polo que son, pero despois de leer o voso manifesto, “declaración de guerra”, evidenciades que para vós todo é violación.

A vosa actuación, creo que chamádela “performance”, conleva reaccións por parte de mulleres que sentimos traicionada a nosa sororidade, e deixa en cuestión a nomeación das vosas denuncias, pola desproporcionalidade na nomeación das accións en contra das mulleres (non é o mesmo unha actitude patriarcal que unha agresión, está lonxe da violación), deberiamos ser cuidadosas co noso linguaxe.

Eu podo acreditar que os coidados son importantes en calqueira espazo, ou colectivo, pero tamén acredito que cando estes se convirten nun regodeamento na victimización permanente volvense tóxicos.

Todas temos que enfrontar na vida cotiá individual problemas persoais, situacións inxustas en todos os ámbitos, liortas ca parella, cas amizades, cas crianzas, nos traballos…

Pero é fundamental a resolución dos pequenos problemas de xeito individual. Que un colectivo se reafirme cos sucesos cotidians “molestos” de cada unha, non axuda a empoderar as mulleres individualmente, quizás só empodere o colectivo, de ahi a importancia da formación constante e de ter unha ideoloxía arraigada. O que nos empoderar as mulleres (igual que a todxs) son as loitas permanentes, e as accións que determinan as nosas ideas e as nosas propias vidas.

Instrumentalizáchedes un momento de dor e de raiva polas agresións a mulleres, para levar a cabo unha acción inxustificable, exactamente igual que fai o sistema para pedir a cadea perpetua.

¿Parécevos revolucionario, parécevos insurreccional? A min paréceme “DOGMA, AUTORITARISMO, SECTARISMO…”, e unha clara intención de sublimar o voso ego colectivo, mais ca na defensa das mulleres danadas directamente.

¿Realmente todas as mulleres que conformaron ese batallón de castigo, creedes que os vosos amigos, compañeiros, parellas, son violadores?

Si é así, no último caso, tedes un gran estómago para despois de todo isto, marchar a durmir con eles…

Penso que non fixechedes unha avaliación dos danos de semellante acción, primeiro por deixar as vosas denuncias e as de moitas outras, cuestionadas (o máis grave de todo), despois, homes combativos feridos por sinalamentos inxustos, e tamén feridas as mulleres que compartimos militancia e amizade con eles.

¿Estades a chamarnos cómplices de homes agresores, ou imbéciles por estar xunto con eles nas loitas, e non distinguir que sexan agresores ou violadores?

Vaia por diante que sei perfectamente, porque é vox populi, cales son os homes que estaban nese proceso que podo considerar agresores, e ningún e compañeiro nin amigo.

Como militante anarquista dende fai máis de corenta anos seguirei ao carón dos compañeiros aos que non dixéchedes cal é o seu “delito” (a parte de que o seu sexo biolóxico sea o de un “home”). Tal vez nalgún momento se sodes capaces de nomear as denuncias reais que recaen sobre eles (cousa que dubido), o meu posicionamento podería cambiar.

En canto ao voso colectivo, xa non confio no voso criterio, penso que entráchedes nun bucle tóxico, e rexeito a vosa influencia no meu entorno, e a pesar de que causame certa tristura (solo por unhas poucas que perdo), poño por diante a miña propia saúde mental, e tamén a das miñas compañeiras, e a reafirmación absoluta das miñas ideas anarquistas e humanistas.

“EN LOITA ATA QUE TODAS AS PERSOAS SEXAMOS LIBRES E IGUAIS”

Amaló.

Uma ideia sobre “O sectarismo no movemento libertario x Amaló

Deixe um comentário

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair /  Alterar )

Foto do Google

Você está comentando utilizando sua conta Google. Sair /  Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair /  Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair /  Alterar )

Conectando a %s