Recebo e dou pulo a esta info do Subsolo Rap Festival, “un festival independente localizado na cidade de Compostela. O obxectivo deste evento ademais da difusión dos artistas que nel participan, é xerar un espazo-tempo de encontro para a escena underground do rap e das distintas músicas urbanas na Galiza e o resto da Península Ibérica, así como aportar ao circuito cultural de Compostela un festival alonxado do mainstream e as radiofórmulas habituais. Este proxecto naceu en marzo do 2009 e desde entón xa temos realizado 6 edicións de maneira intermitente en distintas salas da cidade, contando con artistas tanto do estado español como do portugués, pero principalmente da Galiza”.
Nesta VII edición o Subsolo Rap Fest cumpre 10 anos. Unha década tentando visibilizar proxectos musicais á marxe de dogmas e tendencias impostadas. O vindeiro venres 22 de marzo queremos celebralo con todas vós nun evento no que contaremos cun cartel ecléctico composto por 4 propostas emerxentes da escena musical urbana. O evento terá lugar ás 21:00h no Moon Music Club (rúa República Argentina/35 – Compostela).